|
Escrito por NATURGALICIA
|
|
CARACTERÍSTICAS E CASUÍSTICA DA ESPECIE

A píllara das dunas ou píllara papuda (Charadrius alexandrinus) é unha pequena ave costeira de apenas 17 centímetros de lonxitude que se diferenza doadamente das outras píllaras comúns nas nosas latitudes (Charadrius hiaticula e Charadrius dubidus) en que a banda ou colar do seu peito non está pechada por diante.
Tamén a singulariza o feito de ser a única ave costeira nidificante nas praias atlánticas galegas, contando con pouco máis de 80 parellas repartidas en 20 areais, dos que 16 pertencen á provincia da Coruña (censo do ano 2008. Vid. Bibliografía). O grave é que o éxito reprodutivo medio da especie para o trienio 2005-2007 en cinco das principais localidades galegas de cría foi menor de 0,50 polos/parella: inferior á metade do mínimo preciso para o mantemento da poboación en Galicia nas condicións de supervivencia observadas nos últimos anos.
|
|
LER MÁIS
|
|
|
Escrito por NATURGALICIA
|
|
Luns, 05 Decembro 2011 09:34 |
|
Texto e fotos: Santiago Monteagudo Campos e Xurxo Vilas Souto
Orixinaria de zonas desérticas de África, India e Arabia, o seu carácter fortemente migratorio fíxoa chegar ao sur de Europa e, desde aí, incluso até Islandia.

Os primeiros avistamentos na nosa comunidade autónoma datan de fai uns catro anos e ocasionáronse por migracións masivas que partían de Portugal. Foron fotografiadas en vóo, ovopositando e, de xeito recente (e como novidade) en cópula. Estas últimas ilustra o presente artigo.
|
|
Última actualizaciónfeita en Martes, 15 Maio 2012 12:22 |
|
LER MÁIS
|
|
Toño Barbeito premiado no 10º Concurso Internacional de Fotografía e Medio Ambiente "Cajacírculo" |
|
|
|
|
Escrito por NATURGALICIA
|
|
Mércores, 16 Novembro 2011 09:06 |
|

Antón Barbeito, membro fundador de naturgalicia.com, obtivo o accesit na categoría "Los bosques en Castilla y León" do 10º Concurso Internacional de Fotografía e Medio Ambiente que patrocina "Cajacírculo" ca imaxe titulada "El bosque doméstico".
No mesmo apartado obtiveron o 1º e 2º premio, respectivamente, o palentino Guillerme Quintanilla Benavente e o burgalés Carlos Xabier Merino Santamaría. |
|
Última actualizaciónfeita en Martes, 06 Marzo 2012 12:46 |
|
Escrito por NATURGALICIA
|
|
Martes, 07 Xuño 2011 07:44 |
|
Naturgalicia anuncia a presenza dunha poboación en expansión de Ranunculus bupleuroides Brot. subespecie bupleuroides na Serra do Candán, en terras do concello de Lalín.
Merino citara esta especie na ourensá Serra de Pitós no 1909 (Merino, P.: Flor. Gal. T. III, páx. 502). Posteriormente, en 1966, Laínz fixo o propio para Lovios e na ruta da Mina das Sombras da Serra do Xurés, por riba dos 1.000 metros de altitude. No 1982 Neves Redondo e Mariña Horjales mencionaron unha ubicación no río Asneiro. Gómez Vixide cita a que sería a poboación máis septentrional deste taxón no monte Pindo de Carnota (A Coruña).

Ranunculus bupleuroides é unha especie que ten o status de "vulnerable" no "Catálogo Galego de Especies Ameazadas" e na "Lista Roja de la Flora Vascular Amenazada de España".

|
|
LER MÁIS
|
|
Escrito por NATURGALICIA
|
|
Martes, 22 Febreiro 2011 09:22 |
|
Este traballo, resumido por motivos de espazo, foi publicado na revista "Quercus", nº 259, en setembro de 2007, páxs. 26-32.

Convén comenzar clarexando que o termo braña é de uso habitual en gran parte de Galicia e Asturias. Trátase dunha forma antiga de orixe discutido con dúas sucintas acepcións no dicionario: a primeira defíneas como prados situados en lugares altos; e a segunda como poboados estivais de pastores ou vaqueiros de alzada. Polo xeral, as zonas que reciben este nome caracterízanse polo anegamento de parte do terreo e, en moitas ocasiones, pola presenza de vexetación higrófila de turbeiras, con especies adaptadas á anaerobiose edáfica e capaces de soportar períodos de inmersión total ou parcial.

|
|
LER MÁIS
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
|
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL |