- Arquitectura
-
Fotografías do patrimonio arquitectónico de Galicia: civil, militar, eclesiástico... .
- Aves
-
Fotografías de aves de Galicia.
- Mamíferos
-
Fotografías de fauna superior vertebrada do grupo dos mamíferos.
- Invertebrados
-
Sección que agrupa fotografías de insectos, artrópodos e gasterópodos de Galicia.
- Flora
-
Galería adicada á flora galega, con especial atención á flora vascular, mais sen descoidar as outras fanerógamas nin as criptógamas.
- Muíños
-
Nesta sección preténdese facer un percorrido pola riqueza visual e tipolóxica dos muíños galegos.
Un dos elementos máis significativos da alimentación tradicional en Galicia foi a elaboración do pan a partir da tríada de cereais por excelencia: trigo, centeo ou millo groso.
Existen moitas construcións vencelladas a este proceso no noso país: desde as eiras nas que se mallaba o cereal, pasando polos hórreos, cabaceiros e canastros nos que se deixaba secar, os fornos nos que se cocía ou os enxeños nos que os cereais se tranformaban en panificables: os muíños.
Sen dúbida Galicia é un dos lugares do mundo con maior variedade e nómina destas construcións: houbo muíños de río, de marea ou de vento. Por desgracia moitos deles esmorecen entre as silveiras e outros caeron ou foron derrubados co paso dos anos e a mudanza nos hábitos de vida e consumo.
Mesmo poderiamos falar dun proceso de destrución (intencionada) das formas de vida tradicionais, da tecnoloxía e do conxunto de costumes, códigos sociais e símbolos que orbitaban arredor da elaboración do pan: a trilla pasou a efectuarse mediante máquinas que substituíron o traballo unitario e colectivo dos parroquianos nas eiras de mallar; os hórreos que sobreviven quedan a día de hoxe reducidos ao eido da decoración de xardín, perdendo o seu carácter de elemento de consideración social da casa e a súa contextualización; os fornos foron electrificados e transmutados en negocios; e nos muíños xa non quedan maquilas, nin muiñeiros, nin muiñadas de compoñente erótico-festivo, nin tellados... .
Mais, así e todo, seguen a ser unha das construcións máis variadas tipoloxicamente de todo o proceso que alimentou ao nosos devanceiros.
- Paisaxes
-
Fotografías de paisaxes de Galicia, con especial atención ao entorno rural e natural.
- Patrimonio arqueolóxico
-
Fotografías do patrimonio arqueolóxico galego.
- Reino fúnxico
-
O reino fúnxico atópase aínda en Galicia -e no resto de Europa- nun estadio de redefinición e recatalogación de moitas das súas especies. Son lexión non unicamente os cogumelos, senón as rollas, levaduras, mohos e moitos outros organismos que carecen aínda de estudos taxonómicos definitivos.
As máis de 100.000 especies coñecidas xustificaron a creación dun reino aparte para estas formas de vida, que son as mellores desintegradoras de materia na natureza.
Polo de pronto, chegado o outono, é cando se produce o milagre polo que a natureza nos obsequia cunha miríada de formas (os cogumelos) que non son senón a parte reprodutora de organismos polo xeral moito máis complexos.
