• PORTADA
  • Autores
  • Revista
  • Contacto
  • Enlaces
  • Galerías Fotográficas
  • Francisco Azurmendi Iglesias
  • Damián Porto Rico
  • Toño Barbeito Sanmartín
http://www.naturgalicia.com/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/563424la.jpglink
http://www.naturgalicia.com/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/669393carro.jpglink
http://www.naturgalicia.com/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/360331raposo.jpglink
http://www.naturgalicia.com/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/418331alfoz.jpglink
http://www.naturgalicia.com/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/733087oca.jpglink
http://www.naturgalicia.com/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/119807lontra.jpglink
http://www.naturgalicia.com/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/445932serapias.jpglink
http://www.naturgalicia.com/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/965571codeseda.jpglink
http://www.naturgalicia.com/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/503186liripio.jpglink
http://www.naturgalicia.com/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/103932cereixo.jpglink
http://www.naturgalicia.com/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/648789rebezo.jpglink
http://www.naturgalicia.com/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/747137asiop.jpglink

Galerías Fotográficas
Página de Inicio Página de Inicio » Muíños
Muíños

Nesta sección preténdese facer un percorrido pola riqueza visual e tipolóxica dos muíños galegos.

 

Un dos elementos máis significativos da alimentación tradicional en Galicia foi a elaboración do pan a partir da tríada de cereais por excelencia: trigo, centeo ou millo groso.

 

Existen moitas construcións vencelladas a este proceso no noso país: desde as eiras nas que se mallaba o cereal, pasando polos hórreos, cabaceiros e canastros nos que se deixaba secar, os fornos nos que se cocía ou os enxeños nos que os cereais se tranformaban en panificables: os muíños.

 

Sen dúbida Galicia é un dos lugares do mundo con maior variedade e nómina destas construcións: houbo muíños de río, de marea ou de vento. Por desgracia moitos deles esmorecen entre as silveiras e outros caeron ou foron derrubados co paso dos anos e a mudanza nos hábitos de vida e consumo.

 

Mesmo poderiamos falar dun proceso de destrución (intencionada) das formas de vida tradicionais, da tecnoloxía e do conxunto de costumes, códigos sociais e símbolos que orbitaban arredor da elaboración do pan: a trilla pasou a efectuarse mediante máquinas que substituíron o traballo unitario e colectivo dos parroquianos nas eiras de mallar; os hórreos que sobreviven quedan a día de hoxe reducidos ao eido da decoración de xardín, perdendo o seu carácter de elemento de consideración social da casa e a súa contextualización; os fornos foron electrificados e transmutados en negocios; e nos muíños xa non quedan maquilas, nin muiñeiros, nin muiñadas de compoñente erótico-festivo, nin tellados... .

 

Mais, así e todo, seguen a ser unha das construcións máis variadas tipoloxicamente de todo o proceso que alimentou ao nosos devanceiros.

«« Inicio  « Anterior  1  2  3  4   Siguiente »   Fín »»
Muíño de Portela, en San Xiao de Guimarei.
  • Muíño de Portela, en San Xiao de Guimarei.
  • Descripción:

    Na presa de Guimarei, que recolle as augas do rego de Tabeirós ou Pego-Negro (concello da Estrada). Trátase dun muíño reformado e caleado, aínda que a día de hoxe en completo desuso.

Muíño do Salgueiro
  • Muíño do Salgueiro
  • Descripción:

    Na parroquia de San Martiño de Barbude (A Estrada) na chamada presa de Pina, no barranco do mesmo nome formado polo río Liñares, temos este muíño de dúas rodas que aguantou as obras da central eléctrica instalada alí.

Muíño de Penela
  • Muíño de Penela
  • Descripción:

    Na parroquia estradense de San Miguel de Arca, no río Umia.

Muíño de Durán
  • Muíño de Durán
  • Descripción:

    Na parroquia de San Xiao de Guimarei, aproveitando as augas do regueiro da Pinguenla, e preto da torre e casa forte desta parroquia, no concello da Estrada.

Muíño de Currelos
  • Muíño de Currelos
  • Descripción:

    Pequeno muíño restaurado en San Xurxo de Codeseda, alimentado polas augas dun pequeno rego do mesmo nome, no concello de A Estrada.

Muíño de Couceiro e Carbón
  • Muíño de Couceiro e Carbón
  • Descripción:

    Na parroquia de Santiago de Tabeirós e no rego de Zon consérvase este muíño formado por dúas construcións unidas. O máis salientable do conxunto son os pasos no río para atravesalo cara á veciña parroquia de Santa Cristina de Vinseiro.

Muíño de Cardavella
  • Muíño de Cardavella
  • Descripción:

    No regueiro da Pinguenla ao seu paso pola parroquia de San Xiao de Guimarei (concello da Estrada) temos este muíño do que xa hai constancia a mediados do século XVIII.

Muíño de Carballal
  • Muíño de Carballal
  • Descripción:

    Aproveitando as augas dun pequeno rego fiduciario do río Umia  temos este muíño na parroquia de San Miguel de Arca, no concello da Estrada.

Muíño de Caldeirón
  • Muíño de Caldeirón
  • Descripción:

    Ás beiras do río Umia esta construción do século pasado aproveitaba tamén a auga para producir enerxía eléctrica destinada á parroquia de San Xurxo de Codeseda (concello da Estrada).

Muíño da Silva
  • Muíño da Silva
  • Descripción:

    Na parroquia de San Xurxo de Codeseda, no río Umia.

Muíño de Riba da Goleta
  • Muíño de Riba da Goleta
  • Descripción:

    Apenas visible entre a mesta vexetación que medra neste fermoso e pedregoso barranco do río Umia ao seu paso por San Miguel de Arca, nos lindes entre os concellos de Cuntis e A Estrada, érguese este muíño, dos máis inaccessibles da devandita parroquia.

Muíño de Cimáns
  • Muíño de Cimáns
  • Descripción:

    Ubicado nun fermoso e abrupto recuncho do río de Tabeirós (ou Pego Negro), este muíño quedaba alonxado para os veciños, mais non todos os tramos do río eran factibles para o correcto funcionamento destes enxeños. En Santiago de Tabeirós, concello da Estrada.

581 589 588 587 586 585 584 501 492 482 481 458 455 449 447 439 428 427 391 390 389 388 332 265 234 225 146
 
«« Inicio  « Anterior  1  2  3  4   Siguiente »   Fín »»