Página de Inicio » Paisaxes Fotografías de paisaxes de Galicia, con especial atención ao entorno rural e natural.
- Uces e vento na serra do Candán
-
Descripción:
A serra do Candán, a pesares da inclusión na rede natura 2000 (figura irrisoria para o seu patrimonio) unicamente é un gran complexo industrial para a produción de enerxía eléctrica: na década dos noventa instaláronse dous centos de aeroxeneradores nos seus cumios.
- Fervenza do Ézaro
-
Descripción:
O río Xallas desemboca no mar nunha gran fervenza, algo único en Europa. Até fai pouco ese espectaculo unicamente se podía contemplar nos días marcados pola empresa que xestionaba o caudal e a enerxía do río.
- Fervenza de Bustelos
-
Descripción:
Na Serra do Candán, preto da aldea de Bustelos aínda que cun acceso non demasiado doado.
- Encoro da Baxe. Panorámica.
-
Descripción:
En terras de Caldas e Moraña, ilegal según sentenza do TSXG, con perigosas deficiencias estruturais (a decir de informes da Universidade de Vigo) e ultimamente convertido nun foco de microcistina e cianobacterias que tinguen de verde as súas augas ameazando a calidade do abastecemento da poboación.
Rematou tamén cas formas de vida tradicionais nas súas beiras: na imaxe apréciase aínda o tellado dun dos muíños inundados.