REVISTA
Anax Eppiphiger: unha especie que se asenta en Galicia PDF Imprimir Correo-e
Escrito por NATURGALICIA   
Luns, 05 Decembro 2011 09:34

Texto e fotos: Santiago Monteagudo Campos e Xurxo Vilas Souto

Orixinaria de zonas desérticas de África, India e Arabia, o seu carácter fortemente migratorio fíxoa chegar ao sur de Europa e, desde aí, incluso até Islandia.

Os primeiros avistamentos na nosa comunidade autónoma datan de fai uns catro anos e ocasionáronse por migracións masivas que partían de Portugal. Foron fotografiadas en vóo, ovopositando e, de xeito recente (e como novidade) en cópula. Estas últimas ilustra o presente artigo.

Tais cópulas e as datas nas que foron tomadas as fotos fannos pensar que se trata de exemplares emerxidos aquí, provintes das postas primaverais. En relación a esto agardamos atopar o vindeiro ano algún exemplar inmaduro ou algunha das mencionadas emerxencias.

Características xerais

A cópula prodúcese sobre a vexetación: ben sexa en repouso sobre ela ou penduradas de talos. A posta é das denominadas en tándem e efectúase sobre plantas acuáticas na superficie. As nosas observacións tiveron lugar en lagoas temporais próximas á costa, de augas calmas e salobres. É probable que esto sexa debido á benignidade da temperatura nesas zonas costeiras que atopa nas súas migracións ao norte de Europa.

De lonxitude marca entre 61 e 70 milímetros, sendo lixeiramente máis pequena que o resto das especies do xénero. Os ollos son de cor marrón, ca zona interior amarelada.

Destaca o seu S2 con só o dorso azul (sen baixar polos costados, a diferenza de A. parthenope). Ás hialinas co áreas afumadas no centro do par posterior. Pterostigmas alaranzados, rectangulares e de gran tamaño. Os inmaduros practicamente carecen de coloración azulada en S2, sendo grisáceo-azulada e co resto do corpo máis apagado.

Última actualizaciónfeita en Luns, 05 Decembro 2011 10:11
 
Toño Barbeito premiado no 10º Concurso Internacional de Fotografía e Medio Ambiente "Cajacírculo" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por NATURGALICIA   
Mércores, 16 Novembro 2011 09:06

Antón Barbeito, membro fundador de naturgalicia.com, obtivo o accesit na categoría "Los bosques en Castilla y León" do 10º Concurso Internacional de Fotografía e Medio Ambiente que patrocina "Cajacírculo" ca imaxe titulada "El bosque doméstico".

No mesmo apartado obtiveron o 1º e 2º premio, respectivamente, o palentino Guillerme Quintanilla Benavente e o burgalés Carlos Xabier Merino Santamaría.

Última actualizaciónfeita en Luns, 21 Novembro 2011 14:53
 
Ranunculus bupleuroides: naturgalicia atopa novas poboacions na provincia de Pontevedra Imprimir Correo-e
Escrito por NATURGALICIA   
Martes, 07 Xuño 2011 07:44

Naturgalicia anuncia a presenza dunha poboación en expansión de Ranunculus bupleuroides Brot. subespecie bupleuroides na Serra do Candán, en terras do concello de Lalín.

Merino citara esta especie na ourensá Serra de Pitós no 1909 (Merino, P.: Flor. Gal. T. III, páx. 502). Posteriormente, en 1966, Laínz fixo o propio para Lovios e na ruta da Mina das Sombras da Serra do Xurés, por riba dos 1.000 metros de altitude. No 1982 Neves Redondo e Mariña Horjales mencionaron unha dubidosa ubicación no río Asneiro. Gómez Vixide cita a que sería a poboación máis septentrional deste taxón no monte Pindo de Carnota (A Coruña).

Ranunculus bupleuroides é unha especie que ten o status de "vulnerable" no "Catálogo Galego de Especies Ameazadas" e na "Lista Roja de la Flora Vascular Amenazada de España".

Ranunculus bupleuroides

LER MÁIS
 
AS BRANAS DE XESTOSO: ¿E A REDE NATURA 2000 EN GALICIA? Correo-e
Escrito por NATURGALICIA   
Martes, 22 Febreiro 2011 09:22

Este traballo, resumido por motivos de espazo, foi publicado na revista "Quercus", nº 259, en setembro de 2007, páxs. 26-32.

Estado habitual das brañas debido ás obras de desecación ilegal habituais nelas

Convén comenzar clarexando que o termo braña é de uso habitual en gran parte de Galicia e Asturias. Trátase dunha forma antiga de orixe discutido con dúas sucintas acepcións no dicionario: a primeira defíneas como prados situados en lugares altos; e a segunda como poboados estivais de pastores ou vaqueiros de alzada. Polo xeral, as zonas que reciben este nome caracterízanse polo anegamento de parte do terreo e, en moitas ocasiones, pola presenza de  vexetación higrófila de turbeiras, con especies adaptadas á anaerobiose edáfica e capaces de soportar períodos de inmersión total ou parcial.

LER MÁIS
 
FOTOGRAFIANDO AO MERLO RIEIRO (Cinclus c.) Correo-e
Escrito por NATURGALICIA   
Martes, 21 Setembro 2010 11:09

 

O merlo rieiro, merlo de auga ou pasarríos (Cinclus c.) é habitante dos regueiros e das cabeceiras e tramos medios de cursos fluviais de augas limpas da nosa comunidade, malia que co devalar dos tempos atopouse na obriga de aceptar cauces que máis semellan letrinas ou vertedoiros que parte daquela Galicia dos cen mil ríos prístinos cantada polos bardos doutros tempos.


Trátase dun acróbata das augas revoltas especializado en desenvolverse nun medio no que ningún outro paxaro o pode facer. De seguro que moitos o teredes visto, as máis das veces de pasada, voando pegado á auga ca súa acostumada celeridade; mais o abraiante é contemplalo nadando, mergullándose ou mesmo buceando entre as escumas máis bravas dos regueiros, sendo o único paseriforme enteiramente acuático de Europa e, sen dúbida, un paradigma de adaptación ao medio fluvial galego.


Nas vindeiras liñas imos explicar a metodoloxía e o equipamento axeitados para proceder á realización de sesións fotográficas de calidade con este paxaro.


METODOLOXÍA

Resulta imprescindible recurrir a técnicas de camuflaxe se o que queremos é acadar unha boa aproximación deste paxaro de apenas 18 centímetros: faise máis certa que nunca a frase de Fran Cappa de que se as túas fotos non son o bastante boas, é que non estás o suficientemente cerca.


Malia todo, poida que o que nos interese sexa captar ao animal no seu medio natural, sen primeiros planos nin achegamentos extremos. Aínda así, a camuflaxe non estará de máis e permitiranos pasar desapercibidos non só para a ave en cuestión, senón (o que ás veces é máis importante neste tipo de fotografía) para os curiosos e paseantes de diversa catadura: cómpre lembrar –e asegurar- que o benestar do paxaro é primordial, e que os nosos ríos contan cunha variopinta fauna que pode ser perxudicial para o obxecto da nosa reportaxe: desde pescadores até visóns, que poden supoñer un perigo para o merlo rieiro. Máxime se con comportamentos irresponsables ou pouco discretos descubrimos a outras olladas con intereses máis espúreos que os nosos os rincóns predilectos da ave que, podémosvos asegurar, será todo un placer fotografiar.

A antelación e previsión son fundamentais: o escondite debe estar preparado. Non sería ético nin práctico erguer o acubillo ou “hide” unha vez comenzada a tempada de cría, a choca ou a ceba.

 

 

LER MÁIS